Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Brión organiza unha ruta de sendeirismo entre Cabana de Bergantiños e Laxe este sábado 9 de xullo


O Concello de Brión organiza este sábado 9 de xullo a que será a súa quinta ruta de sendeirismo da temporada, que terá como destino a Ruta de Cabana de Bergantiños a Laxe. Unha andaina de 22 quilómetros polo fermoso estuario do Anllóns e de dificultade baixa, polo que está recomendada para todas as idades e condicións físicas.

O Concello de Brión oferta 52 prazas, que serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08 (ata as 14:00 horas do xoves 7 de xullo). A cota de participación é de 10 euros por persoa. O autobús sairá da Carballeira de Santa Minia ás 08:30 horas para conducir aos participantes cara ao lugar de inicio da marcha, que se prolongará durante toda a mañá e parte da tarde, polo que hai que levar almorzo tipo pícnic.